Análise de redes sociais

Conservamos un pequeno corpus de cartas enviadas por Rosalía de Castro a persoas da súa contorna persoal e laboral. Aplicando a metodoloxía de análise de redes sociais a través do software Nodegoat, este ensaio explora a rede de correspondencia mantida pola autora desde unha perspectiva xeográfica, cronolóxica e social, ao mesmo tempo que esclarece cales son as temáticas e afectos que aparecen de maneira máis frecuente nas súas misivas.