Unha república de árbores

O storymap propón un achegamento ao contexto de pensamento que permite comprender historicamente a representación rosaliana do mundo natural. Fronte á concepción, hoxe xeneralizada, dunha Rosalía creadora da paisaxe galega en sentido moderno, a comprensión dos vínculos que o seu círculo intelectual mantivo con outros científicos sociais e naturais da época pretende botar luz sobre algúns aspectos da súa produción poética.  Contrapunteando este fío argumental preséntase un percorrido sumario dalgúns xardíns relevantes na biografía da autora.