Ensaios de lectura distante. Un achegamento á figura e obra de Rosalía de Castro dende as Humanidades Dixitais.
Este story map consta de tres partes nas que se realizan diversas achegas metodolóxicas á figura e obra de Rosalía de Castro, empregando técnicas analíticas do eido das Humanidades Dixitais.
Corpus
A aplicación en liña Voyant Tools permite a realización de análises textuais coas que combinar a lectura distante e atenta de obras literarias, favorecendo novas maneiras de exploración académica e divulgación dos resultados. A aproximación ás novelas escritas por Rosalía de Castro a partir desta ferramenta dixital abre novas vías de investigación, sendo especialmente interesante o seu uso para a análise afectiva e espacial das obras.
Mapas literarios
As ferramentas dixitais permiten realizar cartografías literarias diversas, de maneira máis ou menos supervisada. Neste ensaio explóranse as posibilidades de detección xeográfica que ofrecen os programas Mathematica e Recogito, aplicándoa ao estudo dos espazos literarios de El caballero de las botas azules (1867), así como ao itinerario descrito por Rosalía de Castro nunha das cartas que enviou a Manuel Murguía.
Análise afectivo
A análise automática das emocións mediante ferramentas do eido das Humanidades Dixitais constitúe unha nova e prometedora vía de traballo para os estudos literarios e culturais. O seguinte ensaio explora as emocións presentes nas novelas La hija del mar (1859) e El primer loco (1881) a través do paquete Syuzhet de R.