“En Cornes” (Follas Novas)
O poema “En Cornes”, de Follas Novas, caracterízase por presentar un elevado número de referencias e de mencións de plantas e flores, ao que se suma unha extrema concreción toponímica. Por iso esta composición se singulariza no conxunto da produción poética de Rosalía ao permitir unha xeolocalización bastante precisa das especies naturais que nela se mencionan.