A recepción de Rosalía de Castro no seu tempo

A obra de Rosalía de Castro foi obxecto dunha certa atención crítica, non só en Galicia, senón tamén en Madrid, en Cataluña e en América. Este traballo analizará a recepción contemporánea da súa produción literaria partindo dunha proposta metodolóxica que incorpora espazos, axentes e redes culturais a unha perspectiva diacrónica, ao tempo que propón elementos de análise específicos á prensa periódica da época.